Skip to main content
Monforte

Iván Patiño presentou en Monforte o IX Festival Fancine de Lemos

Por 13 Xuño, 2023Sin comentarios

A IX edición do Festival Fancine de Lemos 2023 foi presentada polo responsable do proxecto, Iván Patiño, acompañado da tenente de alcalde, Gloria Prada, para explicar a programación, duración e desenvolvemento do festival, que terá lugar entre os vindeiros 5 e 9 de xullo.

A tenente de alcalde manifestou o renovado compromiso do Concello con esta iniciativa “como xeito de apostar por unha oferta cultural sólida que ademáis neste caso, sempre ten o engadido da utilización de espazos rurais que lle confiren un atractivo único” e presentou o Festival como un evento cultural consolidado dentro da programación do Concello de Monforte e “un dos mellores do xénero en Galicia tal e como avala o feito de que na edición anterior chegaran máis de 200 curtametraxes para participar no mesmo”.

Iván Patiño, pola súa parte, engadiu que nesta edición aumentou a 280 o número de participantes e detallou as distintas actividades que constitúen a programación deste ano, que está adicado, tal e como explicou o director do Festival, á película “O Exorcista”, na conmemoración dos 50 anos da súa presentación.

Programación

A acción mais importante do festival será a presenza de Marian Salgado, que tal e como a definiu o responsable do Fancine, “é unha das mulleres fundamentais na historia do fantaterror español e que foi quen puxo a voz á nena do Exorcista na versión da película en español”.

Iván Patiño continuou a explicar as películas que se poderán ver este ano: o primeiro día arrancará con “Endemoniada” protagonizada pola invitada de honor, Marian Salgado; Escooby-Doo, dúas películas galegas, O Corpo Aberto e O Exorcista.

En canto ás curtas, presentáronse 280 para unha selección final de 23, que terán que elexir o xurado composto pola concelleira de Cultura, Marian Salgado e Aida Cordero, da que sairán catro gañadores con premios de 1.000 euros.

Xa por último, o director e responsable do Fancine quixo poñer en valor unha iniciativa innovadora que se comeza este ano, o Concurso de Curtas, que consiste en curtametraxes de terror e duración inferior a 30 segundos “que está funcionando moi ben tal”.

Iván Patiño quixo agradecer a colaboración do Concello de Monforte que xunto coa Deputación fan posible que o Festival Fancine de Lemos se poida celebrar co éxito actual sendo un referente deste xénero en Galicia.