Skip to main content
Monforte

A VIII edición da Gala do Deporte de Monforte de Lemos volverá a cidade do Cabe o 29 de xuño

Por 22 Xuño, 2023Xuño 23rd, 2023Sin comentarios

Volve a Monforte de Lemos a Gala do Deporte 2023 o vindeiro 29 de xuño despois do parón motivado pola pandemia do covid-19, que obrigou a suspender este evento dende a súa edición do ano 2019.

Esta VIII edición, que terá lugar na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, ten como obxectivo premiar e poñer en valor o esforzo e a dedicación de deportistas, clubs, adestradores, técnicos e árbitros de Monforte, polo que o alcalde considera que “é unha estupenda noticia que tamén se volva á normalidade coa celebración desta Gala tan esperada polo mundo do deporte na cidade do Cabe”.

En total, presentáronse este ano 32 candidaturas nalgunha das categorías do concurso para elixir ás mellores persoas deportistas, adestradoras, árbitras e Clubs do ano 2022, o que supón unha das edicións con maior número de candidaturas presentadas.

Así, daranse a coñecer os gañadores e gañadoras de cada unha das categorías que formaron parte do concurso do Concello de Monforte e o xurado, que ten previsto reunirse nos vindeiros días, terá como cometido analizar cada unha das candidaturas das diferentes categorías e elixir a cada un dos galardoados.