Skip to main content
Monforte

Oito alumnos do IES A Pinguela foron recoñecidos por ter un dos mellores expedientes académicos de Galicia na ABAU

Por 23 Xuño, 2023Xuño 24th, 2023Sin comentarios

O IES A Pinguela conseguiu case duplicar a media de Galicia en canto a alumnado con sobresaínte nas probas de acceso á universidade, ABAU, polo que oito alumnos de segundo de Bacharelato foron convocados ao acto de recoñecemento dos mellores expedientes de Galicia na parte xeral das ABAU.

Así, ao acto acudiron Carlota, Eva, Lucía, Pablo e Adrián; mentres que Herbert, Betixa e Xiana escusaron a ausencia por viaxes. Herbert, ademais, é o titular da mellor cualicacion das ABAU da zona sur de Lugo.

O alumnado da Pinguela acadou un 18,2 % dos sobresaíntes dos presentados ás probas, sendo o cuarto centro da provincia de Lugo en número e en porcentaxe de sobrasaíntes. Dos 44 alumnos que superaron as probas, 7 alumnos superan a note de 13 (16%), unha cualificación “que permite visualizar o esforzo desenvolvido durante estes dous cursos”, explican desde o centro educativo.

Durante o acto, apuntouse a que no Multiusos do Sar estaba o mellor talento de Galicia do seu curso e Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, felicitou aos alumnos persoalmente.