Skip to main content
Monforte

A Pladesapu critica que o Centro de Saúde de Monforte segue a sufrir incidencias electrónicas

Por 30 Xuño, 2023Sin comentarios

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da zona sur de Lugo denuncia “a falta de preocupación e resolución, por parte da Xerencia de Atención Primaria, das incidencias sufridas no Centro de Saúde de Monforte”.

Así, explican que o pasado venres 23, tras un fallo na rede de suministración eléctrica, producíronse avarías “moi importantes” en diferentes aparatos electrónicos, feito “que impediu a realización de moitos dos servicios que diariamente se realizan”. Como exemplo, din que tiveron que derivar os controis de sintrom de 60 persoas ao hospital e moitas analíticas, “provocando o desprazamento de moitos usuarios”.

Por outra parte, din que o ascensor e as neveiras non funcionaron, feito que “estaba arriscando a viabilidade das vacinas, que deben estar a unha temperatura en concreto”. Tampouco funcionaban os ordenadores, polo que non se podían das as citas nin atender chamadas, “provocando ademais do retraso na atención, o enfado colectivo da poboación e grandes molestias para ser atendidos correctamente”.

“Aínda non está solucionado o problema”

Desde a Plataforma critican que “o máis vergonzoso é que despois dunha semana, a día de hoxe non está solucionado o problema, só foi valorado por un informático e colocado un dispositivo de control de tensión eléctrica, ademais dalgún ordenador arranxado”.

Así, o ascensor segue avariado “impedindo así o acceso ao resto das plantas por parte dos usuarios con mobilidade reducida”, e moitos ordenadores están “aínda sen arranxar, polo que moitos medicos pasan consulta na sala de reunións”.

Ademais, din que foron desbotadas varias vacinas debido a que se perdeu a cadena de frío, “co cal os nosos nenos deben esperar para ser vacinados, retrasando o restos de vacinas do calendario vacinal. Por outra parte, as novas pautas de sintrom deben recollerse no hospital, “xa que non hai impresoras, e a todo isto debemos sumar os continuos cortes de luz que se están a producir e que impiden o funcionamento normal do Centro de Saude”.

Ironizan, por último coa “grandísima preocupación” por parte dos responsables do sistema sanitario, do “bo mantemento das instalacións dun centro de saúde cun gran número de usuarios, e a “axilidade” coa que se está solucionar todo despois de case unha semana. Por iso, esixen a resolución de todos estes problemas e a implicación directa no mantemento dos centros de saúde de toda a zona sur, “que ademais da falta de persoal acuciante que segue sufrindo, agora teñen que facer fronte o deixamento por parte do Sergas ante a calidade e revision das súas instalacións e do material que nestes se manexa”, argumentan.