Skip to main content
O Incio

As clases de zumba no Incio prolongaranse todo o mes de xuño

Por 2 Xuño, 2023Sin comentarios

As persoas que asisten a clases de zumba no Concello do Incio celeebraron unha cea de fin de curso para despedir o ano e compartir experiencias despois de meses compartindo baile e música.

Debido á boa acollida que ten esta actividade no municipio inciao, as clases prolongarase durante todo o mes de xuño, polo que as persoas que queiran apuntarse, aínda poden facelo achegándose ao Concello para apuntarse ou contactando a través do número 686 473 414.

A actividade zumba é unha disciplina fitness creada a mediados dos 90 enfocada por unha parte en manter un corpo saudable e pola outra, en desenvolver, fortalecer e dar flexibilidade ó corpo mediante movementos de baile combinados cunha serie de rutinas aeróbicas.

Dentro das súas rutinas son empregados ritmos latinoamericanos de popularidade rexional coma a salsa, o merengue, a cumbia, a bachata ou o reguetón.