Skip to main content
Láncara

Láncara acolle este verán dous campamentos, o ‘Diver mañás’ para nenos e o ‘Verán Campus Xuvenil’ para rapaces

Por 22 Xuño, 2023Xuño 23rd, 2023Sin comentarios

O Concello de Láncara organiza os seus campamentos de verán para nenos e nenas de 4 a 10 anos e para rapaces de 10 a 17 anos en dous propostas diferenciadas.

Así, o primeiro será un programa de conciliación ‘Diver mañás’ do 3 de xullo ao 31 de agosto para os nenos e nenas máis pequenos, de 4 a 10 anos, ao que xa se poden apuntar as familias interesadas nas oficinas municipais ou na sede electrónica de Láncara ata mañá, 23 de xuño.

Por outra parte, os rapaces de 10 a 17 anos tamén poderán desfrutar de actividades de ocio este verán en Láncara no Verán Campus Xuvenil 2023, que terá lugar do 10 de xullo ao 30 de agosto de luns a venres polas mañás e ao que tamén se poden apuntar as persoas interesadas ata o 23 de xuño.

Neste segundo campamento haberá actividades deportivas de pádel, bádminton, fútbol sala, volei… pero tamén actividades sociais, rutas de sendeirismo, charlas, talleres de manualidades, reciclaxe, xogos tradicionais, andainas, xogos de mesa e moito máis.