Skip to main content
Sarria

Unha nova ruta organizada polo Grupo Xacobeo Sarria percorrerá a costa da Mariña Occidental

Por 10 Xuño, 2023Sin comentarios

O Grupo Xacobeo Sarria, encargado de organizar diversas rutas ao redor da xeografía galega e fóra dela, propón unha nova saída pola costa da Mariña Occidental para as persoas interesadas.

Esta actividade terá lugar o vindeiro domingo, 18 de xuño, e percorrerase a Praia de Esteiro a pé, chegando ata Viveiro, nunha ruta do mar de 12 quilómetros con dificultade media-baixa. Así, as persoas participantes coñecerán tramos dunha ruta lucense de praias, acantilados, enseadas e paisaxes marítimas.

Ao mediodía, xa en Viveiro, poderase desfrutar dunha pulpada no monte de San Roque e, pola tarde, haberá tempo libre na praia de Xovas, co que rematará a xornada para volver aos puntos de orixe.

O prazo de inscrición e ata o 15 de xuño e as participantes deberán pagar un prezo de 42 euros se son socias e de 45 euros se o son, prezo no que se inclúe o desprazamento, a comida e os seguros.