Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

As Pontes acolle dende o venres un maratón de fútbol sala con motivo das festas

Por 29 Xuño, 2023Sin comentarios

O Esteo FS das Pontes organizará un maratón de fútbol sala con motivo da celebración das Festas do Carme que terá lugar esta fin de semana, os días 30 de xuño e 1 e 2 de xullo.

Coa inscrición pechada, o mércores tivo lugar o sorteo de equipos que ser realizou no pavillón municipal, ao remate do partido da selección sub-17. O torneo disputarse na pista do colexio de Santa María.

O maratón establece tres categorías, a masculina, a feminina e os veteranos, maiores de 38 anos. Haberá catro gañadores en cada una das categorías con premio económico para os catro primeiros con trofeo para os catro primeiros.

O montante dos premios estará en función do recadado na inscrición que foi de 120 euros para a masculina 75 para a feminina e 50 para veteranos. Finalmente participarán 15 equipos sénior, 8 de veteranos e 4 femininos dende a tarde do venres ata a tarde do domingo, cando terá lugar a fase final de cada categoría.