Skip to main content
Abadín

Abadín desfrutará este sábado da esperada Festa do Motor

Por 9 Xuño, 2023Xuño 10th, 2023Sin comentarios

Abadín acolle este sábado a segunda edición da Festa do Motor, organizada por un grupo de rapaces de Abadín, que debido ao éxito da primeira edición, decidiron dar nacemento á asociación Abadín Sobre Rodas, principalmente creada para dar funcionamento sobre todo a eventos relacionados con todo o que leve rodas ou motor.

Na primeira edición a festa constituírona todos aqueles participantes que se comprometeron coa festa en pagar un menú de comida previamente pero este ano decidiron dar acceso a todo o mundo por igual sen obligación de que se queden a comer no recinto creando unha entrada de colaboración coa comisión organizadora.

A entrada colaboración terá un prezo de 3 euros que se canxeará por unha pulsera que permitirá o acceso e a saída do recinto todas cantas veces se precise.

A partir das 10.00 horas darase a benvida a todos aqueles participantes que veñan nos seus vehículos para expoñelos nos aparcadoiros reservados para eles. Cada un destes inscritos abonará 10 euros de inscrición na cal inclúense dúas entradas para dúas persoas por vehículo. Todo aquel que non se preinscriba, poderá acceder aquel mesmo día de 10 a 12 da mañá pero neste caso irase recibindo por orden de chegada ata completar os aparcamentos.

Unha vez dentro do recinto disporase de zonas para desfrutar dunha xornada diferente. Haberá servizo de polbo e churrasco a cargo de Servipulpo e foodtrucks de Olaya e Isabel xunto con Tu Komes.

Unha vez aberto o recinto ó publico, desfrutarase dunha sesión vermú a cargo do dúo La Mecánica. Rematada esta a música acompañará todo o día empezando por unha pequena sesión do vilalbés David García.

A partir das 16:30 da tarde Puzzle animación será o encargado de ambientar o recinto e fará un concurso de son dos vehículos participantes.

Unha vez concluída esta proba darase paso á guinda de Abadín Sobre Rodas, que será unha pequena exhibición a cargo dos colaboradores e participantes. Northroads Club de drift , o pequeno piloto lucense Martilabala, con tan só 3 anos, montarase a bordo do seu kart para conquistar ao público e taéen estará o embaixador da primeira edición, o piloto pontés Fran22, que despois de triunfar no campionato galego de minimotos acude para colaborar con Abadín Sobre Rodas.

Durante todo o día estará o artista urbano Rubén Paz, do colectivo Trecetrazos facendo unha demostración de arte en directo.

Unha vez rematada esta parte do evento darase paso á entrega de uns premios, para continuar coa verbena co dúo La Mecanica, para concluír co sorteo especial dun vehículo preparado para trackdays, (Honda Civic EG). O desenlace de Abadín Sobre Rodas 2.0 será coa actuación do dj de prestixio lucense Marcos Peón, seguido de dj Zalo e dj David García.