Skip to main content
Begonte

Begonte: A autoridade electoral de Ulla

Por 9 Xuño, 2023Sin comentarios

O PP non aumentou o número de concelleiros pero si o de votos absolutos. O BNG recupera o seu asento no Pleno a costa do partido socialista.

CONCELLEIROS ELECTOS

◆ José Ulla Rocha (PP)
◆ Luis Luaña Castelo (PP)
◆ Sonia Varela García (PP)
◆ María Aurora Braña Veiga (PP)
◆ Ramiro Parga Coira (PP)
◆ Marta Lombao Gómez (PP)
◆ Ruth Couso Geada (PP)
◆ José M. Rábade Cacharrón (PP)
◆ Manuel Castro Ferreiro (PP)
◆ Susana Ferreiro Vázquez (PSOE)
◆ Pablo Ares Ansede (BNG)

Novamente o gran vencedor da xornada electoral do domingo en Begonte foi o PP. Revalidou a súa maioría aplastante na corporación con 9 concelleiros de 11 e aínda aumentou o número de votos absolutos, chegando aos 1.649 (1.626 tivo no 2019), levándose o 77,27% dos votos emitidos.

Mentres, o PSOE de Susana Ferreiro perde un concelleiro dos dous que tiña, que vai para o BNG de Pablo Ares, que entra de novo na corporación begontina. Os socialistas quedaron nos 12.13% do voto escrutado cando na anterior cita electoral estaban no 18,72%. O BNG ten o efecto contrario, pasando de 6,6% ao 9,74%.

José Ulla será alcalde catro anos máis nun dos concellos da provincia con maior porcentaxe de voto popular. Este veterinario de profesión comezou como concelleiro no ano 1999 e foi membro do equipo de Goberno entre 2007 e 2011, cando foi elixido voceiro e finalmente gañou as eleccións. Con Ulla chegou a maioría popular xa que José Antonio Vázquez García, o anterior mandatario, foi alcalde durante catro anos nos que gobernou grazas a un pacto co PSOE e o BNG xa que tiña maioría relativa.