Skip to main content
A Pastoriza

A piscina da Pastoriza presenta un programa de actividades de verán

Por 27 Xuño, 2023Sin comentarios

A piscina da Pastoriza contará este verán cunha serie de actividades dirixidas a público infantil para os meses de xullo e agosto.

Continuarán os cursos de natación pero con outros horarios. Haberá para menores de 3 a 6 anos de luns a venres ás 16.00. Para os pequenos de 7 a 12 anos serán os mesmos días pero ás 16.45 horas.

Así mesmo haberá zumba para pequenos os venres ás 18.00 horas.

O prazo de inscrición xa está aberto e será necesario anotarse na recepción da piscina ou vía telefónica 982 332 013.

O prezo será de 10 euros por curso, que ten unha duración dunha semana. Os socios terán un desconto do 33%.