Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

A residencia de maiores da Deputación en Pol festexa o seu cuarto aniversario

Por 3 Xuño, 2023Sin comentarios

Usuarios, usuarias e persoal do Centro de Atención a Maiores (CAM) de Pol celebran esta semana o cuarto aniversario da residencia.

Entre as actividades organizadas, os residentes fixeron un bingo musical, talleres culinarios, unha cata sorpresa e unha formación de macetas coas familias.

Este venres gozaron da música e do baile coas Mulleres Rurais cunha saída á carballeira. Tamén esta fin de semana o CAM Manuel Villasol de Pedrafita do Cebreiro celebra o segundo aniversario.