Skip to main content
Vilalba

O Vilalbés continúa celebrando o seu ascenso histórico

Foron recibidos pola afección durante a noite e no Concello este mediodía. O equipo verdivermello derrotou ao riojano La Calzada no último partido da fase de ascenso, no que é o seu terceiro play off en máis de 90 anos.

O Rácing Vilalbés continuou celebrando durante a noite e boa parte da mañá o histórico ascenso á Segunda División RFEF logo de venceron onte á tarde por 0-3 ao Calzada riojano. Deste modo consegue un ascenso histórico para o club no que é o seu tercer play off.

Os xogadores chegaron durante a noite ao Estadio Roca, onde foron recibidos pola afección para seguir festexando o ascenso e ao finalizar a mañá foron recibidos na casa consistorial pola corporación e moitos veciños que acudiron á chamada para felicitar ao equipo.

Cuarto na liga regular de Terceira, chegaron á primera fase dos play off convencido de lograr o ascenso. Eliminou ao Arosa logo dun empate e unha vitoria e así chegou a este último partido. No partido de ida na Magdalena empataron a uns pero a vitoria de onte clasifícaos para estar o ano que vén en Segunda B.