Skip to main content
Vilalba

Vilalba únese en repulsa do asasinato machista de Oia

Por 6 Xuño, 2023Sin comentarios

O colectivo Feministas da Terra Chá celebrou na tarde de onte unha concentración en Vilalba en repulsa polo feminicidio de Ana Vanesa SP en Oia, Pontevedra.

Ao berro de Basta xa de violencia machistas, as persoas que se sumaron a esta manifestación de repulsa diante da casa da cultura vilalbesa fixeron de novo unha chamada a toda a sociedade para que colabore na eliminación deste problema.