Skip to main content
Barreiros

O PP de Barreiros esixe melloras no acceso a depuradora municipal

Por 25 Xullo, 2023Sin comentarios

Os concelleiros populares de Barreiros piden melloras inmediatas nos accesos á depuradora municipal despois de comprobar como no hai porta de acceso ao recinto e que no seu lugar colocáronse varios arames de plástico que “nin chegan a dificultar o acceso ás instalacións”.

José Manuel Gómez Puente, voceiro popular en Barreiros, explica que “estamos ante unha mostra máis do deixamento da alcaldesa nacionalista á fronte do Concello” xa que esta instalación debería de ter unhas condicións de seguridade importantes “e vemos como calquera pode entrar, a pesar do risco que pode supoñer”.

Os populares tamén reclaman melloras na limpeza do municipio, “sendo preciso acometer de inmediato desbroces de vexetación” tanto nas beiras das estradas como nas zonas públicas destinadas ao paseo xa que a imaxe que levan veciños e turistas “é dun total abandono” sendo preciso tamén a renovación de numerosas sinais de tráfico, xa que moitas están deterioradas ou rotas.