Skip to main content
Mar AMARIÑAXARibadeo

Xa está aberta para o seu uso e disfrute a praia ribadense do Cargadeiro

Por 3 Xullo, 2023Sin comentarios

Xa está aberta para o seu uso e disfrute a praia do Cargadeiro, tras as obras de estabilización da baixada acometidas nas últimas semanas.

Estas obras de estabilización foron “moi complexas” debido a que resultaba necesario recalzar e estabilizar a escaleira de baixada que quedou moi deteriorada despois da arribada de pedras e o derrube do terreo e da base que a sostiña.

Dende o Concello lembraron que “polo perigo que esta situación provocaba vímonos na obriga de prohibir o acceso á praia.  E, dende aquel momento, realizamos xestións coordinadas coa Dirección Xeral de Costas que deron os seus froitos. Dende o Concello asumimos o custe dos proxectos necesarios, ademais doutro tipo de traballos, e por parte do Servizo de Costas asúmese o investimento de máis de 47.000 euros, que é o que custan os traballos de reparación”.