Skip to main content
Trabada

O Centro de Maiores de Trabada celebrou unha festa

Por 22 Xullo, 2023Sin comentarios

Os usuarios e traballadores do Centro de Atención a Maiores de Trabada celebraron unha festa que foi amenizada por Son’s de Varadero e a súa música e para rematar o día non podía faltar unha cea de festa cunha churrascada.

A inauguración do Centro de Atención a Maiores de Trabadafoi no ano 2019 e xa no seu inicio contou con 19 usuarios. O perfil medio do usuario é dunha muller de 81 anos, veciña do municipio de Trabada, que destina 700 euros á súa praza de residencia.

A residencia de Trabada é un centro adaptado ás persoas, aberto, os usuarios que teñen autonomía poden entrar e saír cando así o desexen e seguir facendo a súa vida habitual, por exemplo, non hai un horario fixo para as comidas, senón que hai uns marxes para que as persoas poidan adaptarse, sempre baixo unhas normas básicas de convivencia.