Skip to main content
Viveiro

Besteiro, Mogo e Otero participaron na Feira Renacentista de Viveiro

Por 8 Xullo, 2023Sin comentarios

Centos de persoas danse cita cada ano no Mercado Renacentista de Viveiro que é, xunto co Resurrection Fest, un dos eventos máis multitudinarios do verán Neste Concello.

Os candidatos socialistas ao Congreso e ao Senado por Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, Patricia Otero e César Mogo, achegáronse esta tarde, xunto á alcaldesa da localidade, á festa histórica. A súa promoción está apoiada pola Deputación de Lugo.

Os socialistas apoian desde hai varios anos este evento, ao igual que o multitudinario festival de música celebrado a pasada fin de semana. En declaracións aos medios, tanto Gómez Besteiro como a alcaldesa María Loureiro destacaron a importancia deste tipo de celebracións “polo enorme impacto positivo na economía local, tanto para a hostalería como para os comercios de Viveiro” e animaron á xente a seguir gozando deste evento ata o domingo.

Tralo seu paso pola feira, os socialistas desprazáronse á praia de Covas para apoiar a representación do gran desembarco de Carlos V.