Skip to main content
Viveiro

Adxudicadas as obras para a nova pista de skatepark na zona de Lodeiro, en Viveiro

Por 13 Xullo, 2023Xullo 14th, 2023Sin comentarios

O Concello de Viveiro celebrou estes días diversas mesas de contratación, entre elas a destinada á tramitación das obras para a nova pista de skatepark na zona de Lodeiro.

Na mesa de contratación celebrada deuse conta do informe de valoración técnica, procedeuse á apertura de ofertas económicas e realizouse xa unha proposta de adxudicación. As obras contan cun orzamento base de licitación de 131.000 euros.

A construción desta pista permitirá á veciñanza dispor dunha nova área de lecer na vila coas medidas de seguridade e técnicas que exixe un espazo destas características, dotado ademais de ramplas con diferentes niveis, obstáculos e distintos elementos patinables.

Coa construción deste Skatepark damos resposta a un espazo moi demandado polos veciños e veciñas de Viveiro”, subliña a alcaldesa María Loureiro.

“Para poder levar a cabo esta pista foi necesario falar con monitores de skate sobre os elementos que precisaría unha área destas características, con técnicos municipais e con arquitectos expertos na elaboración deste tipo de proxectos. Finalmente valorouse que a mellor localización na vila sería na zona de Lodeiro”, recorda María Loureiro.