Skip to main content
Xove

Deron comezo as actividades de verán no concello de Xove

Por 4 Xullo, 2023Sin comentarios

Xa deron comezo as actividades de verán no Concello de Xove, organizadas polos Departamentos de Deportes e Xuventude e a Oficina de Información Xuvenil , cun alto grao de participación.

O campamento para os máis pequenos Concilia, xa en marcha dende o día 26 de xuño, conta con 86 participantes.

Sigue en número de participantes con 40 “Mañás Activas”, que deu comezo este luns 3 de xullo ata o vindeiro 25 de agosto, para a rapazada a partir de 10 anos con diversas actividades. Dentro da súa programación teñen informática, baile moderno, iniciación ao rugby, un escape room e saídas a Roq Sport e A Balea Verde para gozar de actividades ao aire libre. Así como, unha viaxe ao Kartodromo de Tapia e visita ao Laberinto de Rinlo  programada para o venres 28 de xullo.

O variado programa de verán conta tamén con actividades deportivas para variado rango de idades como son full body, ximnasia para maiores, pilates, chiquirritmo, baile moderno, curso de pádel e iniciación ao rugby.

Dentro da programación de Xuventude hai un campamento de tres días en Morás, unha excursión ao Kartodromo de Tapia e de volta parada no Laberinto de Rinlo, unha viaxe ao Aquapark de Cerceda e o escape room “La maldición pirata”.

Unha variada oferta de actividades monitorizadas por Roq Sport e A Balea Verde completan a oferta do Concello de Xove para este verán, onde se inclúen para disfrutar en familia os “Domingos a Remollo” na praia de Lago dende o día 2 de xullo ata o 27 de agosto.