Skip to main content
Xove

A praza do Concello de Xove acollerá o 22 de xullo a Festa do Percebe

Por 11 Xullo, 2023Sin comentarios

A praza do Concello de Xove acollerá o vindeiro 22 de xullo unha nova edición da Festa do Percebe.  Esta cita, que chega a súa décima edición, está organizado pola Asociación de Festexos A Medorra e co Concello de Xove.

Os asistentes ao evento, que comeza ás 12.00 horas, poderán degustar este delicioso e apreciado crustáceo mentras a charanga Os Charangos e e unha discoteca móbil amenizan con música en directo a xornada. Ademais o pregón estará a cargo de Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores.

A festa lévase a cabo na praza do Concello, nunha carpa instalada para a ocasión, e o produto procede das lonxas da zona onde se venden os máis grandes e mellores percebes dos cantís da Mariña e Ortegal.

Esta tradicional cita gastronómica da Mariña fará as delicias dos xovenses e de todas as persoas que visiten o municipio por esas datas. Esta festa gastronómica reparte en cada edición máis de 1.500 racións o que case equivale a catrocentos quilos deste marisco.