Skip to main content
Xove

Éxito rotundo na Festa do Percebe de Xove

Por 24 Xullo, 2023Xullo 25th, 2023Sin comentarios

A praza do Concello de Xove acolleu esta fin de semana unha nova edición da Festa do Percebe, unha cita que chegou a súa décima edición e estivo organizado pola Asociación de Festexos A Medorra e co Concello de Xove.

Os asistentes ao evento puideron degustar este delicioso e apreciado crustáceo mentras a charanga Os Charangos e e unha discoteca móbil amenizaron con música en directo a xornada.

Por outra banda, o presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores, Basilio Otero, foi o encargado de dar o pregón.

A festa lévase a cabo na praza do Concello, nunha carpa instalada para a ocasión, e o produto procede das lonxas da zona onde se venden os máis grandes e mellores percebes dos cantís da Mariña e Ortegal.

Esta tradicional cita gastronómica da Mariña fixo as delicias dos xovenses e de todas as persoas que visiten o municipio por esas datas. Esta festa gastronómica reparte en cada edición máis de 1.500 racións o que case equivale a catrocentos quilos deste marisco.