Skip to main content
Becerreá

A igrexa de Quintá de Cancelada, en Becerreá, acollerá a presentación do libro ‘Huellas y acción de un alma rural’

Por 7 Xullo, 2023Sin comentarios

A igrexa de Quintá de Cancelada acollerá o vindeiro sábado 8 de xullo ás 18.30 horas o acto de presentación do libro Huellas y acción de un alma rural, da autoría e edición do avogado coruñés Antonio Álvarez González, natural de Quintá de Cancelada.

A principal protagonista e fío condutor da historia antropolóxica da obra é Serafina González Fernández, natural de Freixo, no concello da Fonsagrada, casada e veciña de Quintá de Cancelada ata o seu falecemento o 12 de setembro, polo que tamén será unha forma de renderlle in memoriam  unha primeira homenaxe pública de lembranza, a ela e a xente da súa xeración.

No mesmo acto daranse a coñecer novas de interese relacionadas coa labor cultural e medioambiental de Castaño y Nogal.

Teñen confirmada a presenza catro poñentes, os alcaldes de Navia de Suarna e Baralla, o vicario de Pastoral do Bispado de Lugo, membros de Honra da asociación CyN, os párrocos de Navia-Quintá, Becerreá-As Nogaís e Freixo-Paradavella, profesionáis do ámbito da cultura e da educación, así como residentes en polo menos 10 concellos da provincia de Lugo e A Coruña.