Skip to main content
Lugo

Xuventude organiza este sábado varias actividades

Por 20 Xullo, 2023Sin comentarios

Laser tag, un campionato de street workout ou actividades na natureza compoñen a oferta lúdica do Concello para a mocidade luguesa.

O Servizo de Prevención de Drododependencias e outras adiccións, dentro do Programa +XTÍ 2023, convida á xuventude lucense a participar este sábado, 22 de xullo, en diferentes actividades deportivas e de estilos urbanos ao aire libre.

“A oferta lúdica inclúe partidas de laser tag no parque Lucus Aventur, en Ombreiro; un campionato de street workout, no parque Rosalía de Castro; ou actividades de primeiros auxilios no medio natural, de interpretación de fauna e flora, de orientación ou bushcraft”, explicou o concelleiro.

Son actividades dirixidas á xuventude de 14 a 35 anos empadroada no Concello de Lugo, totalmente de balde. “O obxectivo é consolidar unha oferta variada de actividades para que a mocidade poida gozar do seu tempo libre dunha forma divertida, saudable e ao aire libre”, asegurou Bustos, quen subliñou que a idea do Concello é que estas iniciativas “sirvan, ademais, para que os e as mozas da cidade se coñezan e compartan afeccións e intereses comúns”.

As partidas de laster tag celebraranse en quendas de mañá, de 11:00 a 12:00, de 12:00 a 13:00, e de 13:00 a 14:00 horas; e en quendas de tarde, de 16:00 a 17:00, de 17:00 a 18:00, e de 18:00 a 19:00 horas, en grupos de 10 persoas.

Por outra banda; o campionato de street workout terá lugar ao longo de todo o día, de 10:00 a 22:00 horas. Trátase dunha disciplina de adestramento practicada no espacio exterior que conta con numerosos practicantes. O torneo finalizará cunha entrega de premios que está programada para as 21:00 horas.

Mentres que as actividades na natureza enmárcanse na iniciativa denominada Aventuralézate; cuxa vocación é ofrecer unha alternativa de ocio e lecer vinculada á natureza dende o punto de vista da experimentación, o aprendizaxe e a adquisición de recursos e habilidades, vinculada ao ‘BUSHCRAFT’ que propicia o desenvolvemento de coñecementos para sobrevivir e prosperar no medio natural.

“Cun carácter innovador, xa que esta é a primeira vez que se realiza, Aventuralízate persegue ofrecer á mocidade lucense a posibilidade de gozar da contorna, descubrir os recursos que nos rodean, así como a flora e a fauna, proporcionando nocións moi útiles baixo un formato lúdico de diversión saudable, que ten como escenario a montaña e como finalidade, o entretemento e a aventura”, sinalou o concelleiro.

Esta iniciativa será impartida por profesionais con ampla experiencia na materia e celebrarase en horario de 10:00 a 18:00 horas, na contorna do monte Segade.

Iniciación ao skate e BMX

Bustos lembrou que “asi mesmo, dende a concellería de Xuventude organizamos o vindeiro mes de agosto un curso gratuíto de iniciación ao skate e BMX aberto e de balde que non precisa iniscrición previa”.

Contará con monitores federados e non será preciso dispor de material, senón que se facilitará no momento de desenvolver a propia actividade. As clases terán lugar no skatepark municipal ubicado a carón do centro comercial As Termas, na rúa Veiga Grande.

Celebraranse os tres primeiros venres e sábados de agosto (4-5, 11-12, e 18-19 de agosto). Os venres o horario será exclusivamente de tarde, de 17:00 a 21:00 horas; mentres que os sábados tamén haberá sesións pola mañá das 11:00 ás 14:00 horas, e pola tarde das 17:00 ás 21:00 horas. Ademais, o sábado 19 haberá unha exhibición aberta ao público ás 17:00 horas.