Skip to main content
Lugo

O derrube do edificio principal do Garañón entra na última fase logo de superar as demandas de paralización

Por 22 Xullo, 2023Sin comentarios

A empresa adxudicataria dos traballos de demolición do Garañón comezou xa cos traballos efectivos do derrube da torre principal, tras finalizar os da outra.

O proceso de demolición comezou no mes de abril, co levantamento topográfico que permitiu á empresa organizar e planificar as tarefas, sempre en condicións de seguridade para o ámbito no que se está actuando. Aínda que estas se paralizaron durante unhas horas polo xulgado retomáronse para continuar malia os diferentes atrancos que se impuxeron a modo de denuncias e peticións de paralización. A última delas acusando ao empresa de non reciclar os materiais segundo a legalidade.

Demoleranse en total 37.796’49 metros cúbicos que equivalen a 14.868 metros cadrados de superficies construídas, que están a causar moita espectación entre a veciñanza.

Primeiro elimináronse as fábricas de ladrillo das fachadas á vez que se quitou o illamento da torre nordeste e se eliminou o material que illa as fachadas e os teitos de forxados do bloque noroeste (de dez plantas sobre a rasante da cota máis baixa) para, seguidamente, ir eliminando os pórticos en sentido descendente, de forma progresiva.

Finalmente, a última parte será a de retirada e desentullo de todo o material. A propia parcela se empregará para a provisión dos elementos demolidos.