Skip to main content
Palas de Rei

Palas celebra hoxe a Festa da Xuventude

Por 14 Xullo, 2023Sin comentarios

Palas de Rei celebra hoxe, venres 14 a Festa da Xuventude, un evento consolidado no calendario festivo palense e que a organización prevé multitudinario.

Unha cita con gran poder de convocatoria, non só no municipio, senón que tamén, nos da zona e que este ano destaca entre a súa programación coa actuación dunha das grandes orquestras de Galicia como é a Panorama.

O Concello e a Asociación Xuventude de Palas colaboran na organización da Festa que arranca ás 16.00 horas cun obradoiro infantil organizado polo Centro Pedagóxico Aloumiño. Será na praza do Concello e está destinado a nenos de entre 4 e 12 anos.

Ás 18.00 dará comezo a ruta de bares coa charanga Era Visto que terá como punto de partida o Danny Café Bar. Para finaliza a festa a verbena dará comezo ás 23.30 coa actuación das orquestras Panorama e La Fusión.

No descanso das orquestras farase un sorteo de 500 euros para o que se poderán adquirir rifas gratuítas no momento de mercar a camiseta da festa.

Dende a organización facilítase os desprazamentos aos asistentes doutros concellos, coa posta en marcha dun servicio específico de rutas en autobús, o noitebús, con saídas dende: Chantada ás 22.30 horas; Taboada ás 22.45 horas; Antas de Ulla ás 23.00 horas; Monterroso ás 23.15 horas; Sobrado ás 22.30 horas; Boimorto ás 22.45 horas; Arzúa ás 23.00 horas e Melide ás 23.30 horas, o regreso dos mesmos, está programado para ás 05.00 horas e ás 06.15 horas.