Skip to main content
Bóveda

Os propietarios do polígono agroforestal de Bóveda xuntaranse cos técnicos de Agader e Proyestegal

Por 9 Xullo, 2023Xullo 10th, 2023Sin comentarios

O Concello de Bóveda organiza unha reunión cos propietarios de negocios do polígono agroforestal do municipio para darlle continuidade ao polígono agrario.

Terá lugar o mércores, 12 de xullo, ás 20:00 horas na Casa do Concello e estará presente o persoal técnico de AGADER e a empresa encargada de realizar os traballos, Proyestegal.

Así, os técnicos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, adscrita á Consellería de Medio Rural, manterán unha xuntanza cos veciños e veciñas para chegar a acordos beneficiosos para ámbalas dúas partes.