Skip to main content
Bóveda

Numerosos veciños e veciñas participaron da reunión informativa do Concello de Bóveda sobre o polígono de Ver

Por 14 Xullo, 2023Sin comentarios

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, valora a boa acollida que tivo a reunión informativa organizada polo Concello cos propietarios do polígono agroforestal de Ver e na que participaron numerosos veciños e veciñas interesados na adhesión a este proxecto agrario.

Para sacar adiante o proxecto do polígono, que está impulsado polo Concello de Bóveda, a Xunta de Galicia a través do AGADER e a empresa Proyestegal; é preciso contar co 70 % da superficie delimitada, polo que o Concello de Bóveda pon en marcha un horario de atención ás persoas propietarias para que poidan sumarse ao proxecto.

Nesta fase é preciso entregar documentación para adherirse a través dunha recollida de compromisos das persoas titulares das parcelas e as persoas interesadas poderán facelo os días 18, 20, 26 e 27 de xullo no Concello de Bóveda en horario de 09.00 a 15.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas.

Primeiros pasos

O Goberno local agarda que con esta nova fase do proxecto se adhiran o maior número posible de propietarios e, ao mesmo tempo, poder identificar aquelas parcelas que aínda se atopan a nome de descoñecidos e que representan un 20 % do terreo.

Unha vez remate o período de adhesión, o proxecto entrará en novas fases, cun período de alegacións e a posibilidade de agrupar terras, comprar ou arrendar as leiras. “O importante nesta fase é chegar a ese 70 % de superficie para conseguir a viabilidade do polígono agrario”, precisa o rexedor.