Skip to main content
Bóveda

Centos de persoas achegáronse a Rubián para celebrar a Feira de Outrora de Bóveda

Por 17 Xullo, 2023Sin comentarios

A Feira Outrora de Bóveda 2023 tivo lugar esta fin de semana, na que se acolleron diferentes postos de artesanía co obxectivo de contribuír á posta en valor dos oficios artesanais e de visibilizar a marca Artesanía de Galicia.

Entre os asistentes, que se contaban por centos, atopouse a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, quen participou das diferentes actividades programadas, como os catro obradoiros abertos para todos os públicos impartidos por obradoiros artesanais.

Así, os artesáns María José Martínez e José Antonio Carrera, de Artesanía Chuschús, encargáronse de impartir dous obradoiros, un sobre encadernación á xaponesa e outro sobre gyotaku e transfer. O gyotaku é unha técnica na que se utiliza o peixe como prancha de gravado e o transfer consiste en facer unha impresión sobre madeira.

Pola súa banda, o ceramista Carlos San Claudio foi o encargado de impartir un taller de torno oleiro no que cada persoa viviu a experiencia do torneado do barro utilizando como ferramenta o torno oleiro. Mentres que a artesá Leonor Díaz, de Como pez en el agua, impartiu un obradoiro de pintura sobre madeira.