Skip to main content
Bóveda

A segunda edición da mostra musical Fentos Festa celebrarase o 29 de xullo en Bóveda

Por 21 Xullo, 2023Sin comentarios

A mostra musical ‘Fentos Festa’ de Bóveda celebra a súa segunda edición o día 29 de xullo na Praza da Filgueira e contará con varias formacións musicais, entre as que se atopa unha banda, un grupo de música e danza tradicional, unha charanga e unha coral.

Desde o Concello de Bóveda, que busca consolidar a primeira mostra de formacións de diferentes estilos musicais actuais no municipio, explica que “a iniciativa naceu o ano pasado e o resultado foi moi satisfactorio”, apunta o alcalde, José Manuel Arias.

Programación

A festa arranca ás 18.30 horas coa actuación da Charanga de Bóveda e ás 19:00 horas actuará o grupo de música e danza tradicional Meigas e Trasgos de Sarria.

Xa ás 20.00 horas será a quenda da Banda de Música Sons e Soños de Rábade, Outeiro e Begonte e ás 21:15 horas volverá actuar Meigas e Trasgos de Sarria.

Xa cara a noite, ás 22.00 horas actuará a Coral Municipal de Bóveda e ás 23.30 horas pechará o festival o grupo que versiona clásicos de todos os tempos, Doc Maggoo’s de Monforte.

Todas as actuacións serán abertas ao público en xeral e de carácter gratuíto e o evento conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través do programa Tradigalu e do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.