Skip to main content
Carballedo

Os nenos e nenas de Carballedo que queiran participar dos cursos de natación xa poden apuntarse

Por 18 Xullo, 2023Sin comentarios

O Concello de Carballedo organiza os cursos de natación de agosto para nenos e nenas de entre 6 e 11 anos, que poderán asistir a clases de iniciación e perfeccionamento da súa capacidade para nadar.

Así, a piscina municipal, que está aberta desde o 1 de xullo e permanecerá ata o 31 de agosto, acollerá varios cursos gratuítos que se impartirán os martes e os xoves de 12.15 a 13.00 horas en quendas diferenciadas por idades.

Así, os martes o curso será para nenos e nenas de 6, 7 e 8 anos; e os xoves o curso será para nenos e nenas de entre 9, 10 e 11 anos.

As familias interesadas en apuntar aos seus fillos e fillas a esta actividade poderán facelo ata o vindeiro 24 de xullo no Concello de Carballedo, aínda que hai prazas limitadas e terán preferencia os empadroados.