Skip to main content
Chantada

Do 18 ao 21 de xullo Os Casares acollerá un campamento sobre a arte e o oficia da artesanía en pedra

Por 15 Xullo, 2023Sin comentarios

O espazo Os Casares de San Cristovo de Mauricio, en Chantada, acolle entre o 18 e o 21 de xullo unha estancia de verán ou campamento baixo o nome de ‘Pedra Viva 2023’ para rapaces e rapazas de entre 13 e 16 anos.

Durante esta iniciativa, as persoas que participen poderán coñecer o achegamento ao traballo da pedra da man dun artesán recoñecido no desenvolvemento desta arte e oficio, pero será sorpresa.

Ademais, a estadía incluirá a acampada de tres noites con pensión completa e participación nas dinámicas de elaboración gastronómica, polo que non só aprenderán sobre artesanía, senón tamén da arte culinaria.

Tamén desfrutarán de andainas e visitas a lugares senlleiros do patrimonio da zona e poderán pasar tempo de entretemento con xogos na natureza, así como haberá proxeccións cinematográficas e un obradoiro musical.