Skip to main content
Monforte

Entrégaronse os premios da XXVII edición da Cata dos Viños da D.O. Ribeira Sacra

Por 1 Xullo, 2023Sin comentarios

A XXVII edición da Cata dos Viños da D.O. Ribeira Sacra, que tivo lugar no Parador de Turismo de Monforte de Lemos cun panel de cata formado por: Luis Buitrón, Mercedes González, Jorge Luis Mazaira, Luis Miguel López, Bibiana Guerra, Luis Díaz, Julio Ponce, José Felícisimo, Rosa Domínguez e Aarón Álvarez.

O evento, organizado polo Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, incluíu a precata os días 29 e 30 de xuño e a comida e gala de entrega de premios desta edición, que se celebrou co lema ‘Ribeira Sacra, Proxecto Común’ e no que participaron, nesta ocasión, 63 mostras de 26 adegas; 25 mostras corresponden a Viños Tintos, 12 mostras a Viños Brancos e 26 mostras a Outras Anadas.

Premiados

Despois da Cata Final, resultaron premiados na XXVII Cata dos Viños de Ribeira Sacra os seguintes viños:

  • Na categoría Viños doutras Anadas, entregáronse tres Ouros, que recaeron en Casa de Outeiro, de Terrazas de Outeiro Escudo; Don Cosme, de EDV 2015; e Ibio, de Don Bernardino S.L.
  • Na categoría de brancos, o terceiro premio foi para Cuesta de los Olivos, de Finca Míllara; o segundo premio para Viña Vella, de SAT Virxen dos Remedios; e o primeiro premio para Sollío, da adega Juan Alberto Álvarez Rodríguez.
  • Na categoría de tintos, o terceiro premio foi para Acivro, de Adegas Salvadur; o segundo premio para Peza do Rei, de Adega Cachín; e o primeiro premio para Ciudáseis, da adega María Gloria Alvarín Losada.

O presidente do C.R.D.O.R.S., Antonio Lombardía, destacou a importancia do acto por ser a presentación do novo pleno do Consello Regulador ante o sector: “Para nós, e para min como presidente, é un acto importante por presentarnos ante adegueiros e viticultores que conforman a D.O. E para a propia Denominación que levamos 27 anos con esta celebración que recoñece o esforzo que fan por mellorar ano tras ano a calidade dos nosos viños, que están sendo recoñecidos a nivel internacional, pero tamén nos gusta recoñecernos entre nós mesmos e que sexa un impulso para a D.O. e as adegas que son galardoadas”.