Skip to main content
Láncara

Cinco grupos de música tradicional galega actuarán na II Foliada de Láncara

Por 12 Xullo, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural Val de Láncara organiza a súa segunda Foliada o vindeiro 24 de xullo, un evento no que actuarán distintos grupos de música tradicional a partir das 21.00 horas.

A iniciativa, que terá lugar na Praza do Lugar de San Pedro de Láncara, acollerá a música de cinco grupos de música tradicional, entre os que se atopan tamén os compoñentes da asociación cultural Val de Láncara, para ofrecer a quen participe dun evento de música galega.

Estes grupos serán os Airiños do Neira, de Baralla; os Xardois e os Gaioleiros, de Cervantes; a Asociación Cultural Río Miño, de Portomarín; e a Asociación Cultural Val de Láncara, organizadora do evento.

Ademais das actuacións, as persoas que se acheguen a San Pedro de Láncara poderán desfrutar dunha comida popular con polbo á feira.