Skip to main content
Sarria

O Grupo Xacobeo de Sarria organiza unha excursión aos Lagos de Saliencia de Asturias

Por 8 Xullo, 2023Sin comentarios

Este domingo, o Grupo Xacobeo de Sarria organiza unha nova saída, neste caso aos Lagos de Saliencia no Parque Natural de Somiedo de Asturias.

Durante a xornada, as persoas que participen realizarán unha ruta de sendeirismo para coñecer os Lagos de Saliencia de 14 quilómetros de dificultade media-baixa na que percorrerán o Alto da Farrapona ata o Valle de Lado.

Ademais da ruta de sendeirismo, ao remate comerán todos xuntos en Pola de Somiedo, comida que entra no custo da actividade, que tamén inclúe o transporte e os seguros.