Skip to main content
Sarria

A extensión de Sarria da Escola Oficial de Idiomas abre o prazo de inscrición para o curso 2023-2024

Por 12 Xullo, 2023Sin comentarios

Xa está aberto o prazo de inscrición para as persoas que se preinscribiron e as que non, porque hai prazas vacantes, no curso 2023-24 na extensión de Sarria da Escola Oficial de Idiomas de Lugo.

Así, poderase ir formando un grupo de inglés de nivel  A1 para persoas que empezan de cero, así como grupos de A2, B1, B2.1 e B2.2 e o primeiro curso de nivel avanzado C1.1.

Todos os cursos terán horario de tarde, en dous horarios, un máis de tarde-noite, e serán dous días á semana para permitir que as persoas apuntadas poidan participar destes formacións sen interferir nos seus horarios de traballo ou de estudo.