Skip to main content
Abadín

Regresan as carrilanas a Abadín tras tres anos de ausencia

Por 10 Xullo, 2023Xullo 20th, 2023Sin comentarios

Abadín acollerá un ano máis o descenso de Carrilanas, unha actividade que foi suspendida os últimos tres anos debido á pandemia de covid e que regresa na súa XIX edición.

A competición oficial terá lugar o domingo 14 de xullo entre as 16.00 e as 20.00 horas con diferentes categorías segundo a velocidade da carrilana.

Será, un ano máis, unha das catro puntuables para a Copa de Galicia, ademais da Copa de España e do Campionato de España, que se atopan lexislados pola Federación de Deportes de inercia.

O percorrido constará de 3.600 metros desde A Corda ata o centro de Abadín, concretamente ao lado do centro de saúde.

As previsións contan cunha participación de preto dun centenar de carrilanas que se dividen en diferentes categorías: neumática, rodamentos, skeleton, gravity bike, street luge, patinaxe de descenso ou madeira. Todos eles poderán probar os seus vehículos a tarde anterior. Hoxe, luns, é o último día para inscribirse.

Novamente primará a seguridade con 14 puntos diferentes  de control ao longo de todo o percorrido, do mesmo xeito que os vehículos teñen a obriga de contar con sistema de seguridade de dobre freado, arco de seguridade e carecer de aristas cortantes.

Pola súa banda, o Concello contribúe coa achega de medios municipais, como vallas e barreiras de seguidade nos puntos máis conflictivos.

Haberá trofeos para os primeiros clasificados en cada unha das categorías e agasallos para todos os participantes así como distinción para o deseño máis orixinal, a carrilana mellor feita e a participación local.

Serán dous días dedicados ás carrilanas, nunha das vilas da provincia con máis tradición. Ademais dos adestramentos do sábado á tarde, tamén está previsto un pincheo e o inicio dos remontes ás 15.30 horas do domingo.

Esta celebración xurdiu como complemento das festas patronais que teñen lugar en setembro pero pouco a pouco foron agrandando a súa competencia e na cuarta edición cambiaron xa a data para xullo.