Skip to main content
Abadín

O Concello de Abadín licita as melloras e cambio de cuberta no pavillón

Por 18 Xullo, 2023Sin comentarios

O Concello de Abadín iniciou o proceso de licitación da obra de instalación de aforro e eficiencia enerxética no pavillón polideportivo municipal, mediante a substitución da cuberta actual e mellora da envolvente térmica, ademais realizarase a substitución da caldeira actual de GLP por un equipo de produción de ACS mediante enerxía aerotérmica.

As actuacións que se realizarán serán substituír a cuberta actual de chapa galvanizada por outra de maior illamento térmico mediante panel sándwich de 60mm de espesor, substituiranse tamén os actuais lucernarios por outros de maior calidade e eficiencia enerxética e maior aproveitamento da luz solar.

Así mesmo farase a substitución da actual caldeira de GLP por bomba de calor Aerotérmica nos vestiarios.

Esta actuación supoñerá a reforma do pavillón municipal, mellorando a dotación deste espazo e o confort para a práctica deportiva. Trátase dunha actuación baseada na sustentabilidade, que supoñerá un importante aforro enerxético para o Concello ao mesmo tempo que económico e ambiental.

A actuación está motivada por unha mellora das instalacións debido a danos na mesma e ademais para a mellora da eficiencia enerxética das devanditas instalacións.

Actualmente o pavillón municipal dispoñen dunha caldeira de GLP e termos eléctricos para dar servizo aos vestiarios e aos aseos do pavillón así como unha cuberta deficitaria energéticamente, carente de illamento e cunha chapa metálica simple moi feble e deteriorada.

O orzamento para dita obra é de 176.000 euros e o prazo de execución está fixado en dous meses. O día de remate da entrega de plicas é o 8 de agosto.

Ademais, tamén se inclúen varias melloras para o centro deportivo que consistirán na limpeza e piuntado exrteior e interior, para o que se engaden 35.600 euros de orzmento.

Outra das melloras incluídas son o acondicionamento dos aseos e a entrada coa reparación das zonas alicatadas e o pintado do resto, ademais da substitución de portas e aparellos eléctricos. Para iso destinan 14.000 euros. Esta mesma operación está prevista na zona de vestiarios, orzamentada en 16.600 euros.