Skip to main content
Abadín

Aprobado o proxecto para cubrir a pista de pádel de Abadín

Por 22 Xullo, 2023Sin comentarios

O Concello de Abadín rematou as tarefas de acondicionamiento e limpeza na área recreativa da Roxica, preparadas para recibir ao rapaces do campamento que xa comezaron a súa actividade.

As actuacións principais foron na pista de pádel e no parque infantil que estaban sen acondicionar.

Aproveitando isto, o Concello comunicou que a Xunta de Galicia, en concreto a Secretaría Xeral para o deporte, deu o visto bo ao proxecto de execución da cuberta da pista de pádel de Gontón, situada nesta área recreativa.

O proxecto de execución ten un orzamento de 83.711 euros. Para iso solicitarán unha partida do capítulo destinado a xogos infantís e zonas deportivas da Xunta de Galicia.

Así, o proxecto que se levará a cabo o concello consiste en elevar os laterais outros tres metros máis con chapa traslúcida e rexa de lona perforada que colocar sobre os tres metros de cristal que ten a instalación actualmente.

O tellado estará feito por un armazón de ferro.

A pista de pádel leva feita dende o mes de febreiro de 2017 para a que o Goberno local destinou unha partida de 31.700 euros, na súa maior parte con fondos subvencionados pola Xunta de Galicia.