Skip to main content
Begonte

Begonte acolle un campus de ximnasia a partir do día 10

Por 2 Xullo, 2023Sin comentarios

Este verán o Concello de Begonte contará como novidade co Campus de Ximnasia Rítmica , organizado polo Club Violeta e dirixido a nenos e nenas a partir de 5 anos.

Este terá lugar entre os días 10 e 14 de xullo en horario de 10.00 a 14.00 horas con opción de madrugadores ás 9.00. Desenvolverase no pavillón de Begonte e practicaranse técnicas corporal e de paaratos, preparación física, acrobacias, talleres creativos, danza e xogos.

Os que desexen participar deberán inscribirse no whatsapp 645 483 985. Ten un custo de 80 euros.