Skip to main content
BegonteDeportes TERRACHÁXA

O Concello de Begonte FS celebra unha nova edición do maratón de fútbol sala

Por 4 Xullo, 2023Sin comentarios

O Concello de Begonte FS organiza un maratón de fútbol sala para as categorías masculina e feminina esta fin de semana, dando comezo na tarde do venres no pavillón de Baamonde.

O prazo de inscrición remata mañá, 5 de xullo, e o sorteo de equipos realizarase no pavillón o xoves 6.

A que é a VII edición desta cita establece unha categoría masculina con premio económico para os catro primeiros (emtre 1.000 e 200 puntos). Haberá trofeo tamén para o mellor xogador, o mellor porteiro e o mellor quinteto.

O montante dos premios estará en función do recadado na inscrición que é de 150 puntos por equipo. Esta debe facerse nos teléfonos 618 440 998 ou no 634 792 375.

Ademais, o venres á tarde terá lugar tamén un campionato de tute para o que tamén está aberto o prazo de inscrición. Unha vez que remate este comezará a competición futbolística.

Na modalidaes feminina a inscrición é máis económica, 100 puntos, a data límite é a mesma, o 5 de xullo, ao igual que o día do sorteo.

Establécense dous premios de 400 e 150 puntos, que variaría se non se chega ao mínimo de 8 equipos para o torneo. Tamén haberá trofeo para o mellor xogador, o mellor porteiro e o mellor quinteto.