Skip to main content
Begonte

Comezan as obras de ampliación da rede saneamento en Boveda, Begonte

Por 10 Xullo, 2023Sin comentarios

O Concello de Begonte iniciou as obras de ampliación da rede saneamento na parroquia de Bóveda, obras que están financiadas por Augas de Galicia e teñen  un orzamento de 49000 euros.

Os traballos teñen dous meses de prazo para executarse e a empresa adxudicataria é Hmns. Pico Yañez.

Ademais, o Concello segue a traballar na mellora da rede viaria municipal, apostando polo arranxo das mesmas con mistura bituminosa de aglomerado en quente.

En concreto nestes días traballouse na estrada que vai dende a Hermida a Donalbai, a estrada de Baldomar o campo de fútbol de Saavedra, e o núcleo de Baldomar.