Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Friol vivirá as súas festas de Santa Isabel a fin de semana

Por 4 Xullo, 2023Xullo 13th, 2023Sin comentarios

Friol prepárase este mes de xullo para desfrutar das súas festas patronais, na honra de Santa Isabel, que terán lugar do sábado 8 ao luns 10, este último coincidirá como festivo local.

Como manda a tradición, haberá misa os tres días. Tras a celebración relixiosa haberá tamén tempo de música con sesión vermú, o sábado coa orquestra Escaparate, o domingo con Acordes e o luns con Tania Veiras.

Pola noite haberá verbena coas orquestras Furia Joven de Canarias, o venres, e nos días seguintes New York e Marbella, para pechar as celebracións.

As festas de Friol reunirán novamente aos veciños, que colaboran todos os anos cunha couta. Ademais, o concello fai unha especial colaboración neste evento ademais das colaboracións de diferentes negocios.

A programación festiva, que se garda algunhas sorpresas, complétase con actividades para os máis cativos.