Skip to main content
Deportes LUGOXADeportes TERRACHÁXAOuteiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

O SD Outeiro de Rei celebra este sábado o seu xantar de fin de tempada

Por 3 Xullo, 2023Sin comentarios

A SD Outeiro de Rei celebra este sábado, 8 de xullo, o seu xantar de fin de tempada, no que haberá sorteos e agasallos todo isto amenizado pola música do DJ Francis.

O xantar terá un prezo de 10 euros para socios e de 25 para os non socios e terá lugar no campo municipal de Outeiro de Rei.

As persoas interesadas en asistir teñen de prazo para anotarse hoxe como último. Deben facelo nos teléfonos 664 489 579 (Luis) e 650 512 359 (Dani).

Ademais, o Club celebrará na fin de semana do 21 ao 23 deste mes o seu tradicional maratón de fútbol sala, que chega á súa décima edición, para a que se prepara unha programación especial que se dará a coñecer en próximas datas.