Skip to main content
A Pastoriza

A Pastoriza abre o prazo para reserva de praza nos cursos de natación da piscina

Por 8 Xullo, 2023Sin comentarios

Xa está aberta a reserva de prazas para os cursos de natación infantil para o período setembro 2023 – xuño 2024 na piscina da Pastoriza.

Están previstos diversos grupos por idades e niveis, así que todos os cativos poderán aprender a nadar de forma divertida e segura. Darase prioridade aos usuarios actuais.

O prazo para facer a reserva para os usuarios actuais está aberto e rematará o 31 de xullo. Para novos usuarios a reserva iniciarse o día 1 de agosto.