Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Silva, en Pol, comeza os festexos

Por 23 Xullo, 2023Sin comentarios

Este luns 24 darán comezo en Silva, parroquia de Pol, as súas festas patronais na honra de Santiago Apóstol.

As celebracións darán comezo ás 13.30 horas coa misa solemne seguida da procesión e a sesión vermú que estará a cargo da orquestra Escaparate, que pola noite estarán tamén na verbena a partir das 23.30 horas, xunto co dúo Elixir.

O domingo tamén haberá festa con oficio relixioso ás 13.30 horas, procesión e sesión vermú a cargo de Galaxia, que tamén se ocupará da verbena.