Skip to main content
Barreiros

O PP de Barreiros pide un plan especial de limpeza nas praias

Por 6 Agosto, 2023Sin comentarios

O PP de Barreiros pide un plan especial e urxente de limpeza para garantir a salubridade nas praias. O portavoz popular, José Manuel Gómez Puente, di que “nos últimos días multiplicáronse as queixas de veciños e turistas amosando o seu malestar pola nula limpeza das praias de Barreiros, “unha moi mala imaxe que se dá do municipio” derivado da “falta de dilixencia e traballo do equipo de goberno municipal”.

O voceiro popular explica que as praias do concello están moi sucias, cheas de restos vexetais – troncos e algas principalmente –, lixo e incluso excrementos de animais que xeraron numerosas queixas. “A limpeza debería ser unha das principais preocupacións do equipo de goberno, pero vemos que non é así polo que imprescindible un dispositivo especial e urxente de aseo para garantir a salubridade das praias e dos seus usuarios”, explicou.

Incluso, veciños e turistas explican que chamaron ao concello e acudiron a el para falar en persoa coa alcaldesa e amosar o seu malestar, pero sempre tiveron como respostas escusas e non foron atendidos nin recibidos. “O mínimo que debería facer a alcaldesa é dar a cara, pero como non o fai o malestar vai en aumento”, denunciou.