Skip to main content
Mondoñedo

Presentado o cartel da 867 edición das San Lucas de Mondoñedo

Por 6 Agosto, 2023Agosto 7th, 2023Sin comentarios

Miguel Paz, presidente da Asociación As San Lucas presentou o cartel das San Lucas 2023, obra do mestre Xose Vizoso “que nunca deixa de sorprendernos, e como non podia ser doutro xeito, presentámolo na Fonte Vella lugar que o veu crecer e donde se criou e adquiriu a sua personalidade como artista”, dixo.

O 867 capítulo das San Lucas celebrarase dende o 17 ata o 22 de outubro na cidade de Mondoñedo

O deputado de Medio Rural, Mar e Mocidade Daniel García participou na presentación do cartel da 867 edición das San Lucas. A descuberta do deseño fíxose na Fonte Vella, que viu medrar e adquirir a súa personalidade artística a Xosé Vizoso, que naceu nunha casa a escasos metros deste lugar emblemático de Mondoñedo.

Daniel García sinalou que “contar con un cartel de Xosé Vizoso é a mellor carta de presentación posible para unha festa tradicional e icónica como as San Lucas e fala, sobre todo, da xenerosidade do artista que coa súa creatividade ven contribuíndo a dar relevancia e continuidade dunha tradición secular””.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora na organizacion das San Lucas, que se celebrarán do 17 ao 22 de outubro, cunha achega de 20.000 euros.