Skip to main content
Xove

Case rematada a obra de mellora da contorna do centro cívico de Xove

Por 8 Agosto, 2023Sin comentarios

O Goberno local informou de que case están rematadas as obras de mellora e seguridade na contorna do parque e o centro cívico. Estas tarefas consisten na peonalización da rúa que une ambos espazos para así “mellorar a seguridade nesta zona pois durante o verán é unha zona moi concorrida polos nenos”, di o rexedor local, Demetrio Salgueiro, “case están rematadas pero temos previsto facer algunha mellora aínda no mes de setembro”.

Os traballos foron adxudicados por un importe de 152.000 euros inclúen tamén a creación de novas prazas de aparcadoiro fronte o Camiño Real e detrás do pavillón, posto que con esta obra perderanse entre 18 e 20 prazas xusto fronte ao centro cívico. “Agora mesmo as prazas xa están en uso e así podemos abrir e utilizar os aparcamentos pois hai moita xente de visita no municipio”, di Salgueiro.

Nesta zona tamén se ubica a casa do Concello, a piscina, as oficinas municipais e o salón de actos polo que “vamos gañar en seguridade”, si Salgueiro, “xogan no parque ou na praza e pódese escapar algún balón e que ocurra algún percance, por iso decidimos acometer esta mellora”.

No inicio da rúa colocaranse uns pivotes retrátiles para que se poidan subir e baixar cando sexa necesario o acceso como nos días de mercado, emerxencias ou o propio servizo so concello.