Skip to main content
Xove

Chega o cine ao aire libre a Xove coa película ‘O que arde’

Por 10 Agosto, 2023Sin comentarios

O ciclo de proxeccións de filmes en galego en formato cinema de verán chega ao concello de Xove o vindeiro 16 de agosto. Esta proxección será na praza do Centro Cívico ás 22.00 horas e os asistentes poderán desfrutar da película O que arde.

Este ciclo ten o obxectivo de “achegarlle o cine en galego á xente e dunha maneira especial á xente nova, que se move moito máis no ámbito da cultura audiovisual; e tamén é importante que as propostas de ocio en galego estean na rúa, onde se vexan ben e onde todo o mundo poida gozar delas”, indicaron dende o Concello.